Ti choras lágrimas de crocodilo, dille o pai ao protagonista deste estupendo libro de André François que Faktoría K de libros acaba de recuperar para os lectores españois. Desde 1961, cando o publicara Lumen , non coñeceramos outra edición. En Franza, pola contra, saen edicións, unha tras outra, para todos os gustos e todos os moedeiros. Contárame un amigo, que tivera poucos lectores e que os editores fixérano coma un regalo para os, daquela, escasos lectores que había nunha España empobrecida e illada. Difícil ver hoxe a forza que se desprende de tan escasos trazos, avasalados entre tanto fogo de artificio que enche as páxinas de cor e oculta o texto. Sempre me preguntei pola razón de que Altea nunca o publicara cando si o fixera coa meirande parte do fondo de Gallimard . Por certo que esta edición de Faktoría K de libros reproduce a que Delpire, editor-impresor amigo de André François, fixo aló polo ano 1.957.
Hai uns meses apareceu unha reedición doutro magnífico libro,“A aventura sorprendente dun homiño moi valente”, do que é
debedor incuestionable outro que hai uns anos publicou a editorial Kalandraka baixo o título de “O pirata Pata de Lata”. Con este intrépido que un verán atopou unha esponxa á man e
desencadeou unha lea de situacións disparatadas e divertidas naceron á literatura moitos dos lectores que hoxe andan polos trinta anos.
Agardo que os pais, mestres e bibliotecarios saiban
deixar nas mans dos pequenos estas magníficas xoias.